Fillo e neto de emigrantes, nacido el mesmo na emigración. Infancia no barrio vigués de Bouzas e na comarca da Paradanta. Cambiou o solpor tras as Cíes pola chuvia compostelá.
Licenciado en Filoloxía Galega e con moitas horas no mundo da hostelaría. Profesor, tradutor, corrector, lingüísta, monitor cultural, camareiro e escritor: a súa obra compóñena novelas, relatos, libros de poemas... obra a súa maior parte inédita, salvo algo por aí ciscado en revistas literarias e recitais.