Marcos Viturro, Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, gañou o seu primeiro premio literario aos oito anos co relato infantil «O raposo dentudo». Vinte e cinco anos despois retomou a afección pola escrita gañando no ano 2013 o certame Minicontos de Outono, do extinto xornal Delunsavenres, promovido polo grupo El Progreso e o Centro PEN Galicia, co relato «Axuste de cornos». Chega agora o que é a súa primeira novela Patadas na boca.