Marcelino Fernández Mallo naceu en ano de galernas e franquismo. Empezou a traballar antes de cumprir os vinte anos, non conseguiu especializarse en nada e outrosí fracasou na súa auténtica vocación, a de influencer. Empeñado en explorar o aquel da «diferencia», redactou novelas de distintos estilos, temática e idioma. Amosa o seu orgullo por ter escrito Pallarega e tampouco se arrepinte de A trenza ou Klásicos, en galego, nin de El Danubio no pasa por Buenos Aires ou El émulo de Reginald Perrin