Nado en Santiago de Compostela en 1981, Daniel Ugarte é licenciado en CC Políticas e especialista en Dereito da Propiedade Intelectual. Desde 2007, reside en Bruxelas onde traballa como Xestor de proxectos na Axencia Europea para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME).
Membro da Asociación Cultural Couto Mixto, o contacto cos numerosos autores/as que viven en Bruxelas ou visitan a capital belga fixolle retomar unha vocación literaria que ficara conxelada na adolescencia.