Jorge Emilio Bóveda (Auria, 1975), escritor e mestre de lingua inglesa no ensino público. Ten a pulsión da escrita dende neno e foina focalizando paseniño cara a literatura. Son obras súas A vila da ánimas (Toxosoutos 2010) ou a triloxía de novelas sobre o des-heore Leopardo que culminou con As sete mortes de Leopoldo Pardo (Xerais 2018). Tamén destacan O Mostro de Ille (Galaxia 2017) e os libros de divulgación literaria e cinematográfica A xanela escura e A xanela insólita (Urco).