Javier Pereiro Ramos, nacido en 1990 en Lalín. Logo de criarse en Agolada volve á súa vila natal, onde reside actualmente. Nos libros atopou un lugar onde espertaban o interese e a paixón. Co paso das lecturas, cando xurdiu a necesidade de crear e expresarse, levárono á escrita como medio máis axeitado e que máis o motivaba. Dende o 2018 leva a libraría Vagalume de Lalín. Busca a voz na poesía e na narrativa co fin de encontrar algo que contar.