Nado no Euskadi dos oitenta pronto se traslada á Galiza de onde é toda a súa familia. Namorará de Compostela, onde reside actualmente, mentres se licenza en Ciencias Políticas. Logo
de traballar para RNE agora resolve dúbidas fiscais cando a Axencia
Tributaria ten a ben contar con el. Gústanlle as cousas sinxelas como petiscar no pan aínda quente, pasar os chuviosos novembros en Cineuropa ou ir ben cedo a ler á praia da Mourisca durante o verán.