A DISTANCIA DO ESPECTADOR

Javier Pereiro

isbn 978-84-17393-96-0

188 páx. PVP 16€

 

A distancia do espectador trata de Mat, un rapaz aínda nese medio do camiño entre a adolescencia e o adulto ao que lle custa chegar e o desconcerta. Nun intre intranscendente, decide deixarse de aprazamentos e atreverse a marchar da casa e do pobo que o viu medrar sen sorpresa. Á procura de algo que o motive, que o esperte do monótono. Ao longo da novela coñeceremos os personaxes e os lugares cos que se atopa o protagonista. O Lagon, un bar oculto e esquecido, onde son habituais Roman, o mariñeiro afastado do mar, e o pintor Erwan Joubert. Tamén ela estará alí. Na libraría Moustache encontrará as voces dos libros que agardan ser rescatados. Todos eles, cada un a seu xeito, marcarán a Mat e influirán no relato.

A DISTANCIA DO ESPECTADOR (Javier Pereiro)

€16.00Precio

    © 2017 por Edicións Do Peirao.

    Rúa Riga, 4 - 2ºB 15707

    Santiago de Compostela

    dopeirao@dopeirao.eu

    • Facebook Social Icon