O LATEXAR DO BARRIO

Tito Pérez

isbn 978-84-17393-83-0

190 páx. PVP 16€

 

Un barrio. Os seus habitantes. As súas orixes. Os seus conflitos. O arrecendo, moitas veces pestífero, da vida cotiá. Nada tan sinxelo e ao mesmo tempo tan intricado. O latexar do barrio non define, describe (como coidaba Torrente Ballester que cumpría facer), deixando marxe á lectora ou lector para tirar as súas propias conclusións. Unha fotografía da sociedade galega, fundamentalmente urbana, inmersa no enguedello das súas ansias e das súas coitas. Das privacións e carencias que lle son impostas, con frecuencia autoimpostas, e ás que debe sobrepoñerse para continuar.

O LATEXAR DO BARRIO (Tito Pérez)

€16.00Precio

    © 2017 por Edicións Do Peirao.

    Rúa Riga, 4 - 2ºB 15707

    Santiago de Compostela

    dopeirao@dopeirao.eu

    • Facebook Social Icon