OXALÁ PUIDESEN FALAR

James Herriot

isbn 978-84-17986-41-4

272 páx. PVP 17€

 

A obra Oxalá puidesen falar é a primeira do autor, James Herriot, pseudónimo de James Alfred Wight, quen foi un veterinario e escritor británico que utilizou os seus moitos anos de experiencia profesional para escribir unha serie de libros que consistían en historias sobre animais e os seus donos. Foi tal o seu éxito mundial que a súa obra foi levada en varias ocasións ao cinema e a televisión. Aínda que a obra  de inspiración autobiográfica ten lugar no Yorkshire dos anos corenta sigue mantendo a beleza emocional e a hilarante retranca que brilla con esplendor na lingua galega. É unha lectura recomendable para todo amante dos animais e indispensable para todas aquelas persoas relacionadas coa profesión veterinaria.

OXALÁ PUIDESEN FALAR (James Herriot)

€17.00Precio

    © 2017 por Edicións Do Peirao.

    Rúa Riga, 4 - 2ºB 15707

    Santiago de Compostela

    dopeirao@dopeirao.eu

    • Facebook Social Icon