A TRIPULACIÓN
Somos un grupo de xente namorada dos libros, da narrativa; pero sobre todo, das boas historias a pesares de que non sempre teñan un final feliz. Levamos anos no eido editorial pero tal vez este dato non sexa tan importante como o feito de que aínda non perdimos a vontade de cambio, a enerxía de quen desexa sacar á luz novos valores e (por riba de todo) a ilusión por seguir ofrecendo material para soñar... para cambiar o mundo, se cadra.
A VIAXE
Temos unha visión, converter Edicións Do Peirao nunha marca aspiracional e relevante, unha marca para un lector sensible ao valor concreto do produto, e consolidar así unha liña editorial.
A misión de Edicións Do Peirao é a de revisar e reformular as principais pezas da narrativa contemporánea, identificando eses básicos de sempre para reinterpretar as súas formas, temas e detalles dentro do estilo actual para que sigan perdurando no tempo.